"O que levamos nas maletas". MAGÍN BLANCO. GALICIA
Brought to you by: TEATRO DEL ANDAMIO
Online sales are closed.
For more information please contact the organizer.
The organizer's data is in the "Brought to you by" section.
Event details
Magín Blanco, creador de A nena o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como María Fumaça e Rosalía Pequeniña interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración. O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.
Duración: 60 minutos.
Apto para todas as idades