Selecciona tus entradas
Descripción del evento
Duración : 55 minutos
Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos.
Menú-do Día serve un corpo queer en escena, sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes. Un corpo que se converte nun crash-dummy, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches, pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e dos discursos de odio provocados polas políticas dictadas por partidos extremistas. En “Menu-do día”, o ColectivoCBV #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e ledicia, escuridade e luz, tristeza e aceptación, para revelarse dende a resiliencia nunha festa pola diversidade. Neste espectáculo debut amosan, dende a disidencia e o activismo, novas realidades, capaces de romper a norma e crear unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva, máis real.
Política de acceso